EN SOLIDARIEDADE CO PARTIDO COMUNISTA DA VENEZUELA

Camaradas comunistas e companheiros/as da esquerda nacional galega e mundial.
 
Todo parece indicar que o histórico Partido Comunista Venezuelano (PCV) está en risco de ser ilegalizado por non entregar os ficheiros dos seus/súas militantes ás autoridades dun Estado que está governado por unha parte da esquerda bolivariana.

Perante esta tentativa profundamente errónea, inxustificada e mesmo repudiabel, o Partido dos trabalhadores e das trabalhadoras venezuelanos/as recusa, con toda razón, entregar eses datos persoais e militantes, por razóns elementares de seguranza.

Neste momento unha parte do MCI (Movemento Comunista e Operario Internacional) está comezando a axir en resposta ao chamado de apoio solicitado polo PCV cunha campanha de solidariedade e denunciar desta afronta, á que nós, comunistas do Povo Galego queremos sumarnos con toda responsabilidade, fraternidade e coerencia. 
 
Calquera arremetida contra a identidade dun partido irmao, de longa historia de loita contra as ditadura burguesa e pro-imperialista no seu país, non pode, de ningún xeito, prosperar.

Estamos en presenza dunha acción intolerábel, como as que non fai tanto tempo firmaron governos de estados próximos nas nosas latitudes, porén nas nosas antípodas, e merecen o noso máis enérxico repúdio, conxuntamente coa solidariedade que solicitan e merecen os nosos camaradas.

A esixencia desta información é inaudita e profundamente inxustificada. Esixir calquera listaxe de militancia a un partido que loitou e loita pola democracia, a liberdade e o socialismo, como é o PCV inaudito e triste por vir dun governo amigo. O Partido Comunista da Venezuela ten toda a razón e dereito a non revelar uns datos que ponhen en risco ao conxunto dos seus/súas militantes e o seu propio proxecto, guiado desde os principios revolucionarios que compartilhamos.

O Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) accedendo á petición de solidariedade internacional enviado polo PCV quere facerlhe chegar con prontitude o noso apoio incondicional. 

Defender os procesos revolucionarios vai da man de defender as organizacións irmáns e revolucionarias.

Queremos deixar aínda máis clara a nosa posición ao respeito, que non implica ponher en cuestión o proceso bolivariano senón, pola contra, defendelo. Tanto é así que o noso partido non somente apoia aos comunistas venezuelanos, senón que tamén se coloca ao dispor deles para difundir na Nosa Terra, Galiza, a campanha convocada polo Partido Comunista da Venezuela para o próximo 19 de Abril, chamado “Día Internacional de Solidariedade coa Revolución Bolivariana.”

Comité Nacional do Partido Comunista do Povo Galego (PCPG)
Na Galiza, 29 de Marzo de 2017